Baixo o nome “start talks” “empezar falar”, quérese crear un punto de encontro para pensar, reflexionar, evidenciar… de maneira próxima, temas que se debe expor un emprendedor nesta nova etapa que quere comezar.
Os Start talks configúranse así como unha serie de encontros de tres horas con emprendedores ou persoas interesadas en emprender, en xornada de tarde de 18:30 h — 21:30 h. Tras unha exposición dos aspectos máis importantes da temática para tratar (90 – 120 minutos), recóllense unha ou dúas experiencias de emprendemento (éxito e/o fracaso). A sesión finaliza cun encontro networking entre os participantes.
Organizados pola Asociación Xóvenes Empresarios de Galicia co financiamento de Igape, distribuiranse ao longo de toda Galicia con 6 charlas ao redor de diferentes temáticas.
Máis información: http://starttalks.com